"Escalda-las castañas, con pel e todo, cinco minutos en auga fervendo. Sacalas e pelalas inmediatamente. Cocer xuntas as castañas e unhas patacas cortadas miúdas durante un tempo.
Facer un refrito (cebola, allo, esas cousas…) e botalo xunto. Servir quente.
Variante: botar touciño e chourizo. Nese caso, non empregar refrito.
Este caldo de castañas tómase como almorzo. Eu tomeino como comida este sábado, xusto antes de comer castañas asadas, empanada, unhas frebas de lacón, doces a esgalla e Amandi. Logo, eso sí, botar uns bailes ao feixe e con gaita para baixar a dixestión.
Actualización: o refrito faise con cebola, dous allos e pemento. A cantidade de pataca é o dobre que o de castañas." aqui
Sem comentários:
Enviar um comentário